Termos e Condicións
Última actualización: 17/03/2026
1. Obxecto da plataforma
Furancheo é unha comunidade para compartir e descubrir receitas e furanchos en Galicia. Ao usar a plataforma, aceptas comportarte con respecto e non subir contido ofensivo ou ilegal.
2. Contido do usuario
Ao subir unha receita ou unha foto, mantés os teus dereitos de autor, pero concédesnos unha licenza para mostrala en Furancheo. Asegúrate de subir só fotos e textos que sexan teus ou libres de dereitos.
3. Exención de responsabilidade
Non somos un restaurante, somos un receitario.
Os tempos de cocción, alérxenos e resultados das receitas dependen exclusivamente de quen as cociña. Furancheo non se fai responsable de indixestións, empanadas queimadas nin de que o furancho ao que fuches estivese pechado.
Para calquera dúbida legal, podes escribirnos a legal@furancheo.com